Thursday 02 de May de 2024

O IMCE deseñará unha programación en consenso coas entidades tradicionais para a Romaría de Santa Margarita


 

O responsable da Programación Festiva do Imce, Javier Rodríguez, e as distintas agrupacións reuníronse para tratar de adaptar un programa ambicioso no parque

Os asinantes do manifesto sobre a Romaría de Santa Margarita e o responsable da Programación Festiva do Imce, Javier Rodríguez, reuníronse esta mañá no Coliseum para cruzar pareceres ao respecto da programación no parque.

No encontro, que Rodríguez tildou de “frutífero”, abordaron os puntos fortes do traballo didáctico e de difusión das manifestacións culturais centradas na música e no baile que se veñen ofertando os últimos anos nas datas próximas á celebración da cita en Santa Margarita.

Tamén analizaron as limitacións estruturais de cara a deseñar un programa ambicioso coa marxe de tempo da que dispoñen. Do mesmo xeito, falaron de cuestións xerais como a relación coa Concellaría de Cultura e coa de Festas, así como co IMCE.

Por parte deste organismo traballarán esta semana nunha proposta de programación coa idea de manter un segundo encontro coas entidades e chegar entre todos a un consenso. O obxectivo do IMCE pasa porque a Romaría de Santa Margarita siga sendo a celebración das Festas de María Pita cun maior carácter de representatividade da cultura tradicional.